1/1/08

Compoñentes electrónicos básicos (tema 5 do libro)

O noso primeiro tema da 2ª avaliación é ELECTRÓNICA DIXITAL BÁSICA, antes de comezar o tema non está de mais repasar a función dos compoñentes electrónicos nos circuitos, podede-lo facer empregando o libro de texto ou o enlace ó Blog de María Loureiro, no apartado de electrónica.

Mecanismos (2ª avaliación)

Adiantándome ó inicio das clases publico o seguinte enlace ó tema de Mecanismos co que nos toca lidiar este trimestre. Esta diseñado por un profe de tecnoloxía do IES A Sangriña, polo que se axusta perfectamente ós contidos que temos que estudar, non obstante, podede-lo empregar ben como material para estudar, ben como complemento ó libro de texto e para practicar e resolver cuestións curtas ou problemas no ordenador, relacionados co tema de mecanismos.
Posto que abarca todo o tema, é aconsellable traballar poucos contidos de cada vez, pois non podedes pretender aprender todo nun día.

Mecanismos (Contidos da Xunta)

20/12/07

Recuperación de 4º ESO

O exame de recuperación será o mércores 16/01/2008, terá un peso de catro puntos. Como sabedes, dous puntos corresponden á actitude na aula, un punto á nota de informática e os tres restantes á correcta realización da ficha de recuperación que podedes descargar aqui:

Ficha de recuperación 4º ESO


Aproveitade as vacacións do Nadal para pasálo ben pero tamén para estudiar o que non estudiachedes nestes meses.

Ficha de recuperación para 3º ESO

Os alumnos que non aprobaron a materia de tecnoloxia na 1ª avaliación deben resolver as cuestións que podedes encontrar no seguinte documento:
Ficha de recuperación

O exame de recuperación será nos primeiros días da volta de vacacións, estudiade.

19/12/07

Crucigrama materiais cerámicos

Aqui tedes o enlace para solucionar un crucigrama sobre materiais cerámicos, os que estades aprobados podedelo facer coma repaso e os suspensos como reforzo do estudado na clase:

http://www.filotron.com/tecnologia/archivos/ceramica.htm